PROXECTO DE VOLUNTARIADO ESPECIALIZADO EN ASOCIACIÓNS
INTRODUCCIÓN
O Colexio de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia é unha corporación de dereito público de carácter representativo da profesión que entre as súas funcións, ten a de colaborar coas administracións públicas. É ademais entidade de Acción Voluntaria. Nesa liña xurde o Proxecto de Voluntariado Especializado en Asociacións cofinanciado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
O obxectivo deste proxecto é achegar a figura do profesional do traballo social ás pequenas entidades que integran o tecido asociativo da Comunidade Autónoma Galega, co fin de contribuír á mellora do servizo destas organizacións e a de complementar a experiencia e formación das persoas diplomadas en traballo social que participen.
O PAPEL DO CODTS DE GALICIA
O Colexio, como entidade de acción voluntaria, terá unha tarefa fundamental de coordinador, entre as entidades sociais e os /as traballadores/as sociais que se adhiran ao proxecto
Para o desenvolvemento deste proxecto, realizaranse unha serie de actividades que potencien o valor da participación solidaria, a adaptación das entidades a unha sociedade en continuo cambio e transformación, e que fomenten o traballo en rede entre elas.
DESTINATARIOS
Persoas Voluntarias
Persoas diplomadas en traballo social colexiadas no Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.
As Asociacións
Entidades sen ánimo de lucro con actividade na área social, que o seu cadro de persoal non sexa superior a 2 persoas, e non figure no mesmo unha persoa diplomada en traballo social.
O umbral temporal máximo para a prestación dos servizos da persoa voluntaria diplomada en traballo social, será de catro horas semanais.
CÓMO ADHERIRSE AO PROGRAMA
As persoas colexiadas interesadas en participar no proxecto deberán cumprimentar a FICHA DE INSCRICIÓN NO PROXECTO DE VOLUNTARIADO ( documento adxunto) e poñerse en contacto co CODTS.
Ficha de Inscrición
As asociacións interesadas en contar cunha persoa diplomada en traballo social voluntaria, deberán poñerse en contacto co CODTS e cubrir FICHA DE ASOCIACIÓNS (documento adxunto)
Ficha de Asociacións
DATOS DE CONTACTO
Os nosos datos de contacto son os seguintes:
Enderezo: Rúa Dublín nº 6; baixo
Santiago de Compostela / A Coruña
Teléfono/Fax: 981 568 100
Enderezo Electrónico: voluntariado@traballosocial.com