Formación Colexio
 |
Formación |
A formación é unha das actividades básicas do Colexio, xa que é un dos seus fins principais, e como tal esta recollido nos estatutos particulares. A formación no Colexio ten varios niveis:
Formación específica en temas relacionados impartida por expertos. De este tipo realízanse un ou dous curso ao ano, nestes anos anteriores fixáronse de peritaxe social, mediación familiar ou intelixencia emocional. O custo do curso é relativamente alto para os alumnos e alumnas xa que sufragan os honorarios profesionais. O Colexio colabora aportando os gastos de organización e instalacións.
Formación específica subvencionada a través das administracións públicas ou de entidades privadas. Esta formación que pode ser presentada como cursos, xornadas ou congresos conta con financiamento esterno polo que se fai gratuitamente ou con un custo simbólico. Este tipo de formación nos últimos anos foi curso de cooperativas ou xornadas de inmigración.
Formación básica. Cursos de entre vinte e trinta horas impartidos por Traballadores ou Traballadoras Sociais, con experiencia ou formación no tema obxecto da formación. O custo do curso é reducido e o importe vai integramente destinado á ou ao docente. Para poder impartir estes cursos so se debe enviar un pequeno proxecto ao Colexio, e se cumpre unhas condicións básicas poñerase en marcha.
Os cursos e convocatorias concretas atoparádelos na sección de Novas de Interese, por unha cuestión de lóxica informática. De tódolos xeitos indicarvos que o número de conta onde se fan os ingresos das actividades formativas é:
Caixanova
|