 |
Manifestos |
MANIFESTO DE TALAVERA DE LA REINA
A universalidade do sistema público de servizos sociais: Benestar para tod@s.
O Sistema Público de Servizos Sociais constitúe un dos pilares do Estado de Benestar conxuntamente co sistema de saúde, a educación e as pensións, considerándose un patrimonio social irrenunciable ao ofrecer cobertura a necesidades básicas que se producen no ámbito da convivencia persoal, familiar e social.
Sen embargo, un dos seus obxectivos esenciais para o que foron creados: universalizar as suas prestacións básicas a toda a poboación, non se consigueu, polo que é necesario esixir un compromiso político que garanta o financiamento para acadar a cobertura de todos os ciudadáns.
Todos somos usuari@s potenciais dos Servizos Sociais. Algunhas persoas e familias necesítanos durante toda a vida ou en etapas prolongadas; outras son atendidas en situacións de emerxencia ou de crisis; tamén hai persoas que non se achegaron nunca a eles. Non obstante, a maior expectativa de vida, os cambios na estructura familiar, as incidencias da chamada “sociedade de risco”, ou o desemprego de longa duración, farán que tod@s os ciudadáns necesiten nalgún momento ou outro da súa vida as prestacións básicas dos Servizos Sociais.
Cando se van a cumprir vintecinco anos da aprobación da Constitución Española, é necesario garantir o principio de universalidade ás prestacións básicas establecidas en todas as Leis Autonómicas de Servizos Sociais: Información, orientación, asesoramento e tratamento social persoalizado e comunitario; apoio á convivencia e axuda a domicilio; acollida/ aloxamento alternativo; prevención e inserción social; cooperación social: apoio ao tecido social de autoaxuda e solidaridade. Servizos que deben ir dirixidos a toda a poboación, independentemente da renda que obteña cada ciudadán.
Para facer efectiva a universalidade como garantía de dereito, débese elaborar un mapa nacional/ rexional de necesidades en materia de equipamientos de servizos sociais, en coordinación cos municipios, co obxecto de desenvolver un plan orzamentario de inversións financieiras e sociais para a dotación dunha rede de centros e de profesionais con máximo nivel de formación que fagan extensible o principio de universalidade.
A responsabilidade pública como principio fundamental de todas as Leis de Servizos Sociais é determinante na aplicación e garantía dos dereitos, así como o control de calidade dos servizos, aínda cando a xestión sexa concertada con entidades privadas ou con sectores sen ánimo de lucro.
Así mesmo, débese recoñecer ás organizacións sociais e profesionais a participación como interlocutores sociais no desenvolvemento das políticas que han de garantir os dereitos sociais do Sistema Público de Servizos Sociais.
A universalidade de dereitos en Servizos Sociais, xunto cos demáis sistemas de protección social, son os mellores instrumentos cos que contan as persoas e familias para construir un futuro que garanta o seu benestar e a súa calidade de vida.
Quenes suscribimos este Manifiesto, esiximos aos grupos parlamentarios do Congreso, Senado e Comunidades Autónomas que garantan por Lei o financiamento para facer efectiva a universalidade dos dereitos/prestacións do Sistema Público de Servizos Sociais.
 |
Outros Textos |