Espazo Europeo de Educación Superior
 |
Introducción |
O esquema educativo do ensino superior vai a sufrir cambios drásticos nos próximos anos, isto inclúe evidentemente ao traballo social e os actuais titulados. A idea é harmonizar a estructura do ensino universitario co esquema propugnado pola declaración de Bolonia, e que esta xa vixente en moitos dos estados europeos. A través destas adaptacións construirase o Espazo Europeo de Educación Superior.
Unha das primeiras consecuencias deste proceso e a drástica reducción de títulos universitarios que pasaran a ser 56. Na actualidade hai máis de 150. En abril do ano 2005 atopámonos na primeira fase deste complexo proceso, traballase dende hai dous anos na elaboración de un libro branco do traballo social, presentado xa diante da subcomisión de ciencias xurídicas e sociais, que é o documento básico sobre o que se van a tomar as decisións. Este documento foi realizado pola Conferencia de Directores de Escolas de Traballo Social de España e o Consello Xeral de Colexios Oficiais, nun esforzo conxunto e coordinado.
A primeira decisión é se o Traballo Social se mantén como un titulo independente ou desaparece. As perspectivas neste momento son de seguridade relativa da permanencia de un titulo de grado de 180 créditos europeos. No mes de maio farase pública a lista dos títulos propostos por esta subcomisión. Con posterioridade a esta resolución, debera pasar dúas resolucións máis. Poderedes seguir a evolución deste camiño no apartado de novidades desta mesma páxina.
A estructura dos novos estudios consistira nun primeiro nivel de grao que dará lugar a obtención dun titulo con cualificación profesional no mercado laboral europeo, e un segundo nivel de postgrao, para o que será necesario ter realizado o primeiro e polo que obterá o titulo de master ou doutorado.
Despois de todo este proceso coñeceremos a estructura definitiva da titulación de Traballo Social, no desexado caso de que se consolide como tal, e o procedemento que se habilitara para que os actuais diplomados accedan ao novo titulo.
De novo convidámosvos a seguir a evolución deste proceso na páxina de novidades.
Mais Información
www.aneca.es/modal_eval/docs/libroblanco_trbjsocial_borrador.pdf
www.uhu.es/grado_trabajo_social/
 |
Descarga de documentos |
|