Definicion de T.S.
Adoptada na Reunión Xeral celebrada en Montreal, en xullo de 2000 pola FITS
Recentemente, a Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social (IASSW) tamén adoptou esta definición:
A profesión do traballo social promove o cambio social, a solución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberación das persoas para incrementar o benestar. Mediante a utilización de teorías sobre o comportamento humano e os sistemas sociais, o traballo social intervén nos puntos nos que as persoas interactúan con seu entorno. os principios dos dereitos humanos e a xustiza social son fundamentais para el traballo social.
Código Deontolóxico / Ética
 |
Introducción |
Os e as diplomados e diplomadas en Traballo Social e Asistentes Sociais antes da aprobación definitiva do código deontolóxico, rexiamonos polo documento da Federación Internacional de Traballadores Sociais "A ética do Traballo Social. Principios e criterios".
Este documento sirveunos como marco de reflexión no traballo diario. Este documento foi aprobado pola Asemblea Xeral da Federación Internacional de Traballadores Sociais celebrada en Colombo, Sri Lanka, do 6 ao 8 de xullo de 1994, e publicado pola Federación Internacional de Traballadores Sociais, P.O. Box 4649, Sofienberg, n-0506, Oslo, Noruega, outubro 1994.
Para adaptar e concretar estes principios e criterios a nosa realidade, elaborouse o Código Deontoloxico da profesión de Diplomado en Traballo Social que foi aprobado na Asemblea Xeral por parte dos Colexios Oficiais de diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais o 29 de maio de 1999, entrando en vigor ao días seguinte.
|