 |
A Entrevista de Selección |
A entrevista é o momento máis importante do proceso de selección, a ela acceden só os candidatos con posibilidade de ser contratados.
Constitúe a última fase da busca de emprego, tanto para o seleccionador como para os candidatos a un posto de traballo.
OBXECTIVOS:
Do entrevistador:
Esclarecer se es adecuado ou idóneo para o posto.
Do entrevistado:
Demostrar que sabes, podes e queres ocupar o posto.
Transmitir a túa competencia laboral para o posto.
Probar que estás realmente interesado.
TIPOS DE ENTREVISTA:
Estándar : Trátase dunha entrevista para a cal o entrevistador elaborou un guión sobre o que desexa saber do demandante.
Informal: Trátase dunha conversación na que se deixa o entrevistado expoñer brevemente a súa demanda. Non existe ningunha guía preelaborada. O problema que se establece con este tipo de entrevista é que poden existir divagacións por parte do entrevistado.
De choque: Realízanse cando o posto de traballo o que se opta desenrolase nun clima de tensión. En estas entrevistas danse factores como: interrupcións; preguntas deliberadamente agresivas; preguntas que expresan dúbidas acerca da capacidade do candidato o posto.
Colectiva:
Nesta entrevista hai varios entrevistados (solen ser 6) e varios entrevistadores (solen ser 2).
Fanse preguntas para todos e cada un va opinando.
Adóitase establecer unha situación conflictiva e obsérvase cal é a reacción dos candidatos.
Solen levarse a cabo para gañar tempo, e con postos de traballo que non requiren experiencia.
PREPARACIÓN:
Relee o CV que remitise, para asegurarte de que a información que darás na entrevista é congruente coa que enviaches.
Volve a analizar o anuncio, reflexiona sobre as condicións excluíntes e as valorables. Pensa como vas a contestar cando che pregunten por elas.
Intenta acadar información sobre a empresa.
Prepara as preguntas que queiras facer.
É imprescindible que teñas preparado en profundidade: teu propio CV e teus puntos fortes e débiles.
FASES:
Ter en conta que non existe un modelo único, nin dous entrevistas iguais, nembargantes as fases son as seguintes:
Saúdo
É la primeira impresión persoal que o seleccionador terá de ti. Espera a que se dirixa a ti.
Estreita a man cordialmente e preséntate con naturalidade.
Charla introductoria:
Normalmente, adóitase comezar con temas intranscendentes para establecer unha relación de confianza e disipar calquera temor.
Conversación sobre o posto:
Comezará ofrecéndote información sobre a empresa e o posto.
Posteriormente, o entrevistador comezará coa recollida de información sobre ti: datos persoais, formación, experiencia, funcións, motivacións, adecuación do teu CV…
Final da entrevista:
Neste momento, podes consultar calquera dúbida relacionada coa empresa, as condicións de traballo e o proceso de selección.
Con elas demostrarás o teu interese polo posto de traballo. Aproveitar a ocasión para demostrar os teus coñecementos.
Despedida :
O obxectivo é asegurar o seguinte contacto dentro do proceso de selección. É moi importante que te mostres cordial na despedida, pensa que estanche observando ata o último instante.
LEMBRA:
Se puntual.
Intenta ir vestido correctamente, pero cómodo.
Ve so para non dar sensación de inseguridade.
Non entres fumando, nin mascando goma de mascar.
Non fumes a menos que che ofrezan, e aínda así intenta evitalo.
Se che ofrecen unha bebida, non a pidas con alcohol.
Non te sentes ata que non cho digan.
Comportamento verbal:
Prepara a túa argumentación.
Expón con un ton, volume, claridade e fluidez verbal axeitado.
Reformula positivamente: argumenta transformando o negativo en positivo, convertendo os puntos débiles en vantaxes.
Escoita atentamente e pide aclaracións.
Utiliza unha linguaxe axeitada e elaborada: non tutees o entrevistador nin utilices xergas, nin refráns.
Contesta sen agresividade: non consideres as preguntas como ataques persoais, se non como unha oportunidade para amosar que es o candidato axeitado.
As respOstas non deben contemplar críticas cara os teus anteriores traballos, xefes, compañeiros, etc. Xa que se falas mal de eles, amosas que falarás mal de todo o mundo.
Prepara os teus puntos fortes e intenta que saian na conversa.
Fai preguntas relacionadas co posto, a empresa e o traballo.
Evita a sensación de que mendigas un traballo, no seu lugar expresa o teu interese por el.
Comportamento non verbal:
A comunicación non verbal (xestos, posturas, linguaxe corporal) é tan importante coma a linguaxe verbal.
Mira o entrevistador na maior parte do tempo que dure a entrevista. Non te distraias mirando o teito ou o chan...
A expresión facial debe concordar coa mensaxe. Se por exemplo, estás comentando que es unha persoa moi dinámica, non o digas cunha actitude pasiva.
A postura corporal debe ser relaxada, pero non de abatemento (non tes que tirarte na cadeira). A cabeza debe estar alta, a costas recta, os brazos apoiados na cadeira ou no regazo…
Evita movementos excesivos coas mans.
Evita no posible os "tics" como morderte as uñas, tocarte o pelo continuamente...
Intenta manter unha postura achegada, pero sen invadir o espacio do entrevistador.