Emprego / Orientación laboral

» Axente de Emprego
» Bolsa de Emprego
» O Curriculum Vitae
» A Carta de Presentación
» A Entrevista de Selección

Orientación Laboral

A carta de Presentación


A carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, coa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa.

Coa carta de presentación temos que suscitar o interese necesario a quen a lee, para que desexe ler despois o curriculum o que a acompaña.

Por isto, ten unhas características determinadas en canto a súa elaboración:

•  Debe ser corta : Non debemos cansar nin aburrir o lector.
•  Debe ser ordenada : Trataremos de evitar que o lector teña que ler varias veces a nosa carta para facerse unha idea do que queremos dicir.
•  Debe ser clara : Esta claridade a lograremos mediante a estructura que lle demos a carta.
•  Debe ser directa : Nada de dar voltas sobre a mesma idea, nin repetir datos do CV. Noso obxectivo é chamar a atención para que sexa o lector quen logo desexe léelo.

Coa carta de presentación o que facemos é "vendernos". Debemos facernos valer e demostrar que nos necesitan.

ESTRUCTURA:

•  Encabezamento
Datos da empresa.
Fecha.
Un saúdo de cortesía: "Moi Sr. Mío"
Indica a referencia do posto o que optas.
•  Contido
Indica o motivo polo que escribes.
Breve referencia dos aspectos formativos e experiencia que fan que sexas o candidato idóneo para o posto. Explica claramente o desexas: unha entrevista ou formar parte do proceso de selección.
•  Despedida
Podes utilizar calquera das fórmulas habituais, por exemplo "Sen máis, se despide atentamente".
Deixa aberto un canal para que a empresa se poña en contacto contigo.
Firma, nome e apelidos

Existen distintos modelos de carta, dependendo do obxectivo específico da mesma:

1) Carta de contestación a un anuncio: Cando atopamos un anuncio na prensa, ou en un boletín, etc., é dicir, cando vemos unha oferta de emprego que nos interesa publicada, enviaremos unha carta de contestación . O máis importante de este modelo de carta, é que fagamos referencia exacta o lugar e data onde localizamos a oferta.

Descarga os exemplos en PDF ( 60 KB )

2) Candidatura espontánea: Cando nos interesa que o noso curriculum sexa estudiado en unha determinada empresa, pero non vimos ningún anuncio que nos diga que necesitan persoal, entonces enviaremos unha carta de auto candidatura , chamada tamén de candidatura espontánea .

Descarga os exemplos en PDF ( 60 KB )

LEMBRA:

•  Presentaremos a carta nun so folio e escrito a ordenador (se non o piden a man) e por unha soa cara.
•  Sempre enviaremos orixinares. Ademais debemos reflectir en cada carta, o nome e os datos identificativos da empresa a que enviamos noso curriculum e firmaremos cada unha das cartas que enviemos. Enviaremos unha carta personalizada a cada empresa, demostrando así o noso interese.
•  Se descoñecemos o nome da persoa responsable, dirixiremos a carta o departamento de Recursos Humano da empresa que nos interese.
•  Utiliza unha linguaxe clara, cordial, positiva e respectuosa.
Describe as túas aptitudes e logros sen pedantería. Non repitas o que xa aparece no CV, remarca os aspectos máis destacables.