Emprego / Orientación laboral

» Axente de Emprego
» Bolsa de Emprego
» O Curriculum Vitae
» A Carta de Presentación
» A Entrevista de Selección

Orientación Laboral

O Curriculum Vitae


O CV é unha presentación breve, escrita e ordenada dos principais logros profesionais e académicos. É a primeira imaxe que ofreces, a primeira información e a única que ata ese momento ten a empresa sobre ti. É un esquema da nosa formación e vida laboral.

Do que se trata con un CV é que o léelo, a persoa a quen se dirixe, sexa capaz de saber tódolos datos máis interesantes de cara o posto de traballo, cun so golpe de vista. Para elo axudaremos das letras en negra e as maiúsculas.

O tipo de curriculum que utilizamos no colexio é o cronolóxico inverso. Consiste en empezar polos datos máis recentes os máis antigos. Esta presentación gaña cada día máis popularidade porque ten a vantaxe de resaltar as experiencias máis novas que son obviamente as que interesan máis as persoas susceptibles de contratarte.

ESTRUCTURA DO CURRICULUM VITAE

•  Datos Persoais : Nome e apelidos ( intenta resaltalos, en maiúsculas e negra) , lugar e data de nacemento, dirección persoal, número de teléfono de contacto e dirección de correo electrónico.
•  Formación Académica : Estudios realizados, indicando, centro, lugar e datas de realización. Inclúe o CAP, másters e especializacións.
•  Formación Complementaria : Estudios complementarios os universitarios que melloran a túa formación, indicando centro, lugar, datas e o número de horas.
•  Experiencia Profesional : Experiencia laboral que poida ser de interese para a empresa que te vai a contratar. Non esquezas sinalar o cargo desempeñado, o nome da empresa e as datas.
•  Idiomas : Neste apartado mencionarás os idiomas que coñeces e o nivel. Se tes algún curso ou algún título recoñecido, como por exemplo o 'First Certificate' en Inglés, que acredite teus coñecementos na lingua, indícao.
•  Informática : Sinala aqueles coñecementos informáticos que posúas: sistemas operativos, procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, deseño gráfico, internet, etc. É importante que anotes os programas relacionados co Traballo Social como SIUSS, MATIASS, etc.
•  Outros Datos de Interese : Neste último apartado sinala todos aqueles aspectos que non foron incluídos nos apartados anteriores, tales como: carné de conducir, dispoñibilidade xeográfica, incorporación inmediata, número de colexiado, etc.

LEMBRA:

•  Revisa e actualiza a información do CV cada certo tempo. Non entregues nunca un currículum sen lelo antes.
•  Non utilices un tipo de letra sofisticado.
•  Presentación sinxela, nun papel branco de boa calidade e sen grampar.
•  É recomendable que a extensión do CV non supere as dúas follas.
•  Coida a ortografía.
•  Non inclúas certificados, títulos ou diplomas.