Orientación Laboral
 |
Axente de Emprego |
Se non tes moi claro por onde empezar a definir as túas expectativas laborais, a quen recorrer para encontrar emprego, ou se tes calquera outra dúbida relativa o mundo laboral, acércate o colexio.
Tes a túa disposición unha Axente de Emprego que ofrece atención personalizada e confidencial, responderá a tódalas túas dúbidas e axudarache en todos aqueles pasos que queiras dar:
Como elaborar un bo Curricular Vitae
Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo
Como por en marcha a túa propia empresa: análise da viabilidade da idea, elaboración do plan de empresa, busca de financiamento e axudas para emprendedores, asistencia técnica nos primeiros momentos para os novos empresarios, etc.
Dámosche resposta a estas e outras moitas cuestións no propio colexio ou na seguinte dirección de correo electrónico:
axente.emprego@traballosocial.com
Para isto desenvolvemos dous tipos de servicios:
- Servicio de orientación laboral: pedindo unha cita coa axente de emprego que facilitarache a información sobre os temas relacionados coa formación e o emprego.
- Cursos de orientación e busca: te ensinamos as habilidades necesarias para ter éxito a hora de acceder o mercado laboral (redacción do CV, como superar as entrevistas de selección, realización de probas psicotécnicas, saídas profesionais dos traballadores sociais, etc...)
|