Colexio / Historia

Historia do Colexio
1967-2005

Esta institución con maís de 30 anos de historia, ten moitos e diversos momentos importantes na súa traxectoria. Destacamos os seguintes, aínda que hai moitos maís.

17/12/1967
Constituese en Santiago de Compostela a Asociación Regional Gallega de Asistentes Sociales. Elixese como presidenta da mesma a Emilia Varela Vila.

14/06/1970
Celebranse eleccións á presidencia de A.R.G.A.S., sendo nomeada presidenta Isabel Martínez Lage.

28/03/1971
Tras a convocatoria de eleccións resulta elexida como presidenta Mª Elena Urestarazu y Ucín.

07/10/1973
Isabel Grandal Nores é elexida presidenta nas eleccións de A.R.G.A.S.

25/09/1976
Elixese como presidenta da A.R.G.A.S. a Carmen Sánchez Candelas.

04/12/1977
Artemia Dieguez Pérez é elexida presidenta nas derradeiras eleccións de A.R.G.A.S.

10/02/1979
Na Asemblea Xeral de A.R.G.A.S. decidese cambiar o nome da Asociación, que de aquí en diante pasa a denominarse Asociación Galega de Asistentes Sociais.

25/11/1979
Nas primeiras eleccións de A.G.A.S. é elexida presidenta Emilia Pérez Martínez.

4/12/1981
Ana Mª Rodríguez Seoane é elexida presidenta. Estas son ás últimas eleccións de A.G.A.S. Durante este mandato levase a cabo o proceso de disolver a A.G.A.S. e da constitución do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

13/04/1982
Aprobase a lei de creación dos Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais e do seu Consello Xeral. Entre este colexios figura o de Galicia.

04/10/1982
Acórdase comunicar ó Goberno Civil o transvase do patrimonio e estructura de A.G.A.S. a Colexio Profesional de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, en reunión da Comisión Xestora, e cumprindo o acordado en Asemblea Xeral.

01/02/1983
Celébranse as primeiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

O número de colexiados con dereito a voto é de 167, e o total de votos recibidos foi de 85, dos cales 25 foron de votantes persoais, e 60 foron votos por correo.

05/02/1983
Toma de posesión da primeira Xunta de Goberno. A presidenta é Felicitas Rodríguez González.

 


15/12/1984
Celébranse as segundas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

11/01/1985
Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Blanca Rodríguez Pazos.

08/02/1990
Celébranse as terceiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

09/02/1990
toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Beatriz de la Torre Bermúdez.

21/01/1994
Celébranse as cuartas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

10/02/1994
Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Julia A. García Álvarez.

07/05/1997
Celébranse as quintas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

23/05/1997
Toma de posesión da Xunta de Goberno. A presidenta é Concepción Rancaño Osorio.

06/04/2001
Inauguración do Sede do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

02/05/2001
Celebranse eleccións a Xunta de Goberno do Colexio, son as sextas .

25/05/2001
Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire

10/03/2005
Celébranse as sétimas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

29/03/2005
Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire. É o seu segundo mandato.

05/06/2007
Pilar Couce deixa a presidencia. A Vicepresidenta Mª José Thomas Berbén asume a presidencia e convócanse eleccións (art. 23. Estatutos)

5/10/2007
Celebranse as oitavas eleccións a Xunta de Goberno, ás que se presentan dúas candidaturas completas, denominadas Redondas e Thomas. Gañan as eleccións a primeira.

25/10/2007
Toma de posesión da Candidatura Redondas, presidida por Mª José Redondas Vallejo.