Colexio / Colexiación / O Colexio e as súas normas

Fins do colexio oficial
(Artg. 7º dos Estatutos do C.O.D.T.S. de Galicia)

Son fins do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia a ordenación do exercicio da actividade profesional, a representación exclusiva da profesión no seu ámbito territorial, a observancia dos principios xurídicos, éticos e deontolóxicos e a formación permanente dos seus colexiados e colexiadas, así como a defensa dos seus intereses profesionais.

Normas que regulan a colexiación

A Colexiación é obrigatoria para exercer a profesión de Traballador/a Social, segundo as seguientes normas xurídicas:

•  Lei 2/74 do 13 de febreiro, modificada pola lei 7/1997 do 14 de abril, sobre colexios profesionais.

•  Lei 10/1982 do 13 de abril, de creación dos Colexios O. De Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais.

•  Decreto 150/2000 do 7 de xuño, da Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais, dos Estatutos do C.O.D.T.S. de Galicia. (D.O.G. nº 120 do 21/06/00).

•  Lei 11/2001 do 18 de setembro de Colexios Profesionais de Galicia. (D.O.G. nº 189 do 28/09/01)

• Decreto 54/2005 do 24 de febreiro, de aprobación dos estatutos do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia (DOG nº 62 do 1 de abril de 2005)