Colexio / Colexiación / ¿Cómo colexiarse?

Documentación necesaria

  • Dúas fotografías tamaño carné (180 x 240 mm.)
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do título de diplomad@ en Traballo Social ou fotocopia da solicitude de expedición do mesmo.
  • Certificado de demanda de emprego do Servicio Galego de Colocación que se presentará anual ou semestralmente nos prazos previos á emisión de recibos das cotas.
  • Fotocopia ou documento bancario onde aparezan os vinte díxitos da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas anuais.
  • Abonar o importe da matrícula segundo táboa adxunta.
    ( Existen catro importes de matrícula en función do estado laboral e do tempo transcorrido desde o remate da carreira ata a data de colexiación ):
desempregados/as
empregados/as
menos de dous anos
22,00 €
30,00 €
maís de dous anos
44,00 €
60,20 €

•  Impresos de colexiación:

Autorización bancaria (por duplicado, unha copia entregarase na entidade bancaria)
Ficha para o Consello Xeral
Ficha datos persoais para o CODTS de Galicia
  O Carné de colexiad@ non poderá facilitarse electronicamente, polo que ou ben se recollera no Colexio ou se lle remitiria para a súa sinatura


Procedimiento para o cálculo do importe dos recibos anuais de colexiación



empregad@s
desempregad@s
cota anual
130,00€
62,00€

Existen dúas modalidades de pago: semestral ou anual.

A condición de desempregad@ acreditarse obrigatoriamente de forma anual mediante a presentación do Certificado de inscrición como demandante de emprego no Servicio Galego de Colocación dentro dos prazos que se indiquen no Fío Directo.

No importe das cotas vai incluída a cota destinada ó Consello Xeral de Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e AA.SS.

Aclaracións sobre o procedemento do cálculo de cotas de colexiación:

•  A cota anual de colexiación decídese na Asemblea Xeral de Decembro de cada ano, a proposta da Xunta de Goberno que presenta os presupostos do ano seguinte.

•  Hai dúas modalidades de pago: semestral e anual. Escóllense no momento da colexiación e poden cambiarse na primeira parte do ano.

•  Na modalidade anual pagase toda a cota nun so recibo, que se pasa ao cobro a primeiros de xullo. Así en xullo pagase o ano natural, non de xullo á xullo. En xullo do 2004, pagouse a colexiación de todo o ano 2004, dende xaneiro a decembro.

•  Na modalidade semestral, pagase a metade do ano a primeiros de xullo e a outra metade a primeiros de xaneiro. A primeira metade corresponde aos meses de xaneiro a xuño e a segunda aos de xullo a decembro.

•  A consideración normal é que son cotas de persoas empregadas. Isto é, se non se nos comunica o contrario o programa da base de datos considera que a persoa esta en activo.

•  Emítese unha cota en desemprego cando no mes inmediatamente anterior á emisión de cotas (xuño e decembro) se nos remite unha copia da tarxeta de demandante de emprego.

•  No caso de que a modalidade de cobro sexa semestral, e a situación de desemprego se manteña ó longo do ano debese enviar as dúas veces.

•  Cando unha persoa atopa traballo non debe comunicarllo ó Colexio, pois a falta de comunicación en xuño ou en decembro da situación de desemprego indícanos que mudou de situación laboral.

•  Os xustificantes de desemprego pódense enviar por calquera medio (fax, carta, mail ou en persoa). Por fax ou carta é axeitado que confirmedes que chegou e que é lexible.

•  Isto significa que antes de emitir a remesa de recibos nos meses de xullo e xaneiro, procedemos a anular tódalas notificacións de desemprego, e volvemos a introducir as que se nos notificaron ate ese momento.

•  Se non se nos comunica a situación de desemprego emitiremos un recibo completo. Se a situación de desemprego existe a persoa afectada pode reclamarnos no prazo de dous meses dende o seu cobro a devolución da cantidade incorrectamente retirada despois de demostrar a súa situación de desemprego.

•  Cando haxa un caso especial, polo reducido do tempo de traballo e ,ou polo campo no que se desenvolve pódese solicitar a Xunta de Goberno que se aplique a cota de desemprego. Para iso debese pedir por escrito axuntando os documentos necesarios para xustificar tal petición.

A matricula poderase aboar en efectivo no momento de formalizar a colexiación ou mediante transferencia bancaria ó seguinte número:

Caixanova
Sucursal República Salvador
Santiago de Compostela

2080
0195
97
0040006150

 

Santiago de Compostela a 1 de xaneiro de 2005