Colexio / Cambio de datos

Servizos a Colexiados e Colexiadas

Cambio de datos

A continuación te a posibilidade de cambiar algún dato:

Cambio de enderezo
Cambio de Teléfono
Cambio de Nº de Conta
Cambio de e-Mail
Cambio de Periodicidade Pago Cuotas

Seguro de automóbiles

Realizouse un convenio coa compañía de Seguros de automóbil AMIC, a condicións económicas, e a cobertura merecen a pena. Podedes comprobar as condicións e informarvos na páxina www.segurnet.es ou no telefono 981 131 268

Seguro de morte ou invalidez

Os Colexiados e Colexiadas, ó día no pagamento das cotas, están cubertos por un seguro de invalidez e morte por causa de accidentes. Os datos básicos deste seguro son os que a continuación se detallan.

Descarga o documento en PDF ( 90 KB )


Correo electrónico gratuito

O Colexio facilita o servicio de e-mail de balde para os colexiados e colexiadas que o desexen. Este é un servicio profesional con unhas características distintas dos correos comerciais aos que estamos acostumados a utilizar. O tamaño, a seguridade e as prestacións son moi superiores. Necesitades ter un ordenador persoal con conexión á rede para instalalo.

Para solicitalo tendes que remitirnos o impreso correspondente por mail, e nos darémoslle tramite ao consello xeral de Colexios. Esta entidade será quen se poña en contacto posteriormente con vos para darvos as instruccións pertinentes.

susana@traballosocial.com

Descarga o impreso en PDF ( 110 KB )


Bases e Documentación proposta para procesos selectivos.


Bases Tipo ( 100 KB )

Temas específicos para prazas de traballo social na administración local ( 70 KB )



Servizo de listas de Peritos Sociais


Descarga o impreso en PDF ( 110 KB )

Os peritos sociais son traballadores sociais cualificados para realizar as pericias xudiciais que versen sobre a dimensión social, relacional e familiar que a continuación se detallan:

XULGADOS DE PRIMEIRA INSTANCIA (familia):

•  Nulidade de matrimonio, separación e divorcio, ademais das modificacións das medidas aportadas para elo.
•  Garda e custodia de menores en procesos de separación ou divorcio, ou sobre alimentos reclamados por un proxenitor sobre outro.
•  Adopcións e acollementos.
•  Regulación do réxime de visitas.

XULGADOS DE MENORES:

•  Asesoramento sobre medidas sociais destinadas a menores infractores.

CLÍNICAS MEDICO - FORENSES

•  Peritaxes a suxeitos inmersos en causas penais (transgresores, criminais, narcotraficantes, etc. )
•  Peritaxes a suxeitos inmersos en causas de dereito civil (incapacidades, cambio de sexo, abortos, etc.)
•  Víctimas e lesionados por agresión sexual, abusos, malos tratos, etc.
Calquera outro asunto en que teña relevancia a situación familiar, social e económica dos implicados.

Requisitos para ser un perito social

•  Estar colexiado.
•  Ter un curso de dictame pericial social cun mínimo de 20 horas.
•  Estar apuntados nas listas anuais que se abren no CODTS para este fin. O prazo de inscrición vai de mediados de decembro a mediados de xaneiro. A lista definitiva será enviada polo CODTS a tódolos xulgados competentes a finais de xaneiro de cada ano. Os xulgados chamarán os peritos por orde de inscrición.

O instrumento básico de traballo é o Informe Social, que pode aportar:

•  Historia e antecedentes socio familiares.
•  Sistema sociofamiliar actual.
•  Relacións do individuo e a familia con institucións, grupos ou colectivos que forman o seu entorno social.
•  Datos socio sanitarios.
•  Variables laborais, ocupacionais e profesionais.
•  Contexto socioeconómico.
•  Descrición da vivenda, hábitat e relacións coa comunidade.
•  Informantes colaterais.
•  Avaliación preliminar e operativa.
• Valoración pericial da situación e interpretación diagnóstica.
•  Conclusións.
•  Propostas.

A metodoloxía basease en:

•  Entrevistas individuais, familiares e grupais en domicilio e despacho.
•  Contactos e xestións con fontes de información.
•  Observación do entorno e hábitat social.
•  Análise documental.
•  Técnicas gráficas de representación.