O nº 12 da revista atópase actualmente no proceso revisión final previo á súa publicación, polo que, no obxectivo de acadar unha periodicidade semestral desta publicación, abrese xa o prazo para a elaboración do seguinte nº 13.
Como sabes Fervenzas divulga traballos orixinais e inéditos de interese para a nosa disciplina profesional en Galicia. Tamén poden ser traballos non inéditos se o medio de difusión, onde foron divulgados, fose de difícil acceso para as traballadoras e traballadores sociais de Galicia, ou ben noutro idioma diferente ao galego.
As seccións da revista nas que podes colaborar coas túas achegas son as seguintes:
1. Artigos: Pode tratarse de investigacións, experiencias profesionais, análises teóricas, metodolóxicas e técnicas, etc.
2. En Rede: Podes achegar a presentación descritiva dun equipamento, programa, servizo, asociación, etc.
3. Entrevista: Colabora coa entrevista a persoeiros de especial interese para o Traballo Social, ou coa súa proposta.
4. Comentario de Publicacións: elabora comentarios e opinións críticas de libros, revistas, coleccións editoriais... en definitiva, de calquera fonte documental de interese para o Traballo Social
5. Espazo Aberto: comenta documentais, filmes, páxinas web, noticias de especial interese para o Traballo Social, etc.
6. Outros: eventualmente, divulgaranse cuestionarios, crónicas de eventos científicos de especial importancia, etc.
Anímate! Envía as túas achegas a fervenzas@traballosocial.com, indicando a sección á que vai destinada, ata o 31 maio.